A avoa decide prepararlles ás súas tres netas unha sorpresa na bodega: pan con mel (esquecera que ese era precisamente o xantar preferido do Papón). As netas, unha por unha, baixan polas escadas escuras, frías e misteriosas; empurran a porta e O Papón é un dos comenenos máis populares en toda a xeografía do Estado español, e por este motivo presenta características diferentes segundo a zona. Nesta versión axústase en boa medida á tradicional, aínda que o autor trata o asunto con moito máis sentido do humor e decídese por un desenlace amable e divertido.